A madrugar!

SERVIZO DE CONCILIACIÓN

Estas son as tarifas do servizo A Madrugar! para o curso 2024-2025:

TARIFAS

Tarifas servizo A madrugar!

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Unha persoa pequena deberá pagar o 100% da tarifa correspondente.

A segunda persoa pequena da mesma familia terá unha reducción do 30%.

A terceira persoa pequena (e as seguintes a partires desta) terán unha reducción do 50%.

No espazo do servizo haberá uns estantes habilitados para deixar cousas (que non precisen refrixeración) para o almorzo da xente pequena.

Para as persoas pequenas asiduas ao servizo, os pagos deberán realizarse entre o día 25 e o 30 de cada mes. De non realizarse, a AFA resérvarse o dereito de suspender o servizo a esa persoa.

Os días puntuais haberá que pagalos o mesmo día que se use o servizo.

COMO USAR O SERVIZO

Para anotarse a este servizo durante todo o curso ou períodos prolongados, debedes facer o seguinte:

  • Renovade a vosa afiliación á AFA (aquí podedes ver como facelo).
  • Enviade un correo a afaceipcantel@gmail.com cos seguintes datos:
    • Nome completo da persoa pequena
    • Nome da persoa adulta responsable
    • Horario de entrada no servizo
    • Días de uso regular do servizo
    • Datos de contacto
    • Alerxias
    • Outras cuestións relevantes

Para un uso puntual do servizo debe avisarse na semana anterior ou cun mínimo de 2 días de anticipación. Para efectuar a reserva puntual, envía un correo electrónico co asunto: «Reserva puntual – A madrugar!» e inclúe os seguintes datos:

      • Nome da persoa pequena
      • Curso
      • Nome da persoa adulta
      • Teléfono de contacto
      • Hora de inicio de uso do servizo
      • Data para a que se require o servizo