O pasado trimestre tivemos unha serie de actividades que o alumnado realizou en horario escolar. Foron as seguintes:
- Chaves para a defensa da autoestima: Diálogo e obradoiro performativo teatral que revisa roles e estereotipos de xénero por Inés Salvado Gontad. Aquí podes ver o cartel da actividade.
- Na túa man. Contos pola igualdade: Espectáculo multimedia de Raquel Queizás sobre Nellie Bly. Aquí podes ver o cartel.
- Xincana pola igualdade: Guiada pola actriz Raquel Queizás, trátase dunha xincana lúdica para rachar cos estereotipos e animar novas dinámicas. Aquí podes ver o cartel.
- Lúa triangular: nada é imposible: Espectáculo musical co imaxinario de relacións sen violencia de xénero a cargo da artista Jara Ortiz. Mira o cartel.
- Bolboretas: Un espectáculo da artista Soledad Felloza, con 9 historias que albergan mundos sen violencia narradas con perspectiva de xénero. Aquí podes ver o cartel.
