BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//AFA O Cantel - ECPv6.7.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:AFA O Cantel
X-ORIGINAL-URL:https://www.afaocantel.eu
X-WR-CALDESC:Eventos para AFA O Cantel
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:UTC
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0000
TZOFFSETTO:+0000
TZNAME:UTC
DTSTART:20230101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20231221T093000
DTEND;TZID=UTC:20231221T160000
DTSTAMP:20260715T103302
CREATED:20231221T145609Z
LAST-MODIFIED:20231221T145609Z
UID:463-1703151000-1703174400@www.afaocantel.eu
SUMMARY:O 21 de decembro chegan ao Cantel...
DESCRIPTION:O 21 de decembro chegan ao Cantel… \nOs Reis Magos:\nExisten moitas versións da historia dos Reis Magos de Oriente: Melchor\, Gaspar e Baltasar. Grandes astrónomos en comunidades distintas\, unha noite observaron unha estrela nova\, grande e brillante que simbolizaba que nalgures estaba nacendo un rei. Decididos a visitalo para regalarlle ouro\, incienso e mirra\, emprenderon unha viaxe seguindo a estrela. Coñecéronse no camiño e continuaron xuntos ata a vila de Belén en Palestina. A estrela iluminaba unha cova. Dentro\, ao calor dun boi e dunha mula\, e co agarimo da súa nai María e do seu pai Xosé\, estaba o neno Xesús. En moitos lugares\, como en Galicia\, os Reis Magos traen os agasallos de Nadal na noite do 5 de xaneiro\, a Noite de Reis. Moita xente di que a quen non se portou ben durante o ano lle traen carbón. \nA Befana: \nEn Italia\, os agasallos do 5 de xaneiro tráeos a Befana\, unha anciá de pelo branco e roupa escura. Conta a historia que a Befana foi a única capaz de indicarlles o camiño aos Reis Magos cando se perderon indo cara a Belén. Agradecidos\, convidárona a acompañalos pero ela non aceptou. Cando cambiou de idea\, os Reis Magos xa marcharan. Cóntase que vai deixando agasallos para quen se portou ben e allos\, cebolas e carbón para quen se portou mal\, mentres busca ao neno Xesús. \nPapá Noel: \nCoñecido tamén como Santa Claus\, San Nicolás\, Santa ou Viejito Pascuero é unha personaxe do Nadal orixinaria do norte de Europa que se popularizou polo mundo enteiro. Trae os agasallos na noite do 24 de decembro\, a Noiteboa\, e carbón para quen se portou mal. Fabrica os regalos no seu taller coa axuda dos elfos e repárteos grazas aos renos que lle axudan a carrexalos tirando da súa zorra voadora. \nA Grýla:\nÉ unha monstra asustadora da mitoloxía islandesa que vive nas montañas co seu marido e os seus trece fillos. Durante o Nadal\, baixan ás vilas para gastar bromas ou traer agasallos. A Grýla vailles pedindo ás familias a picaraxada desobediente para metela nun pote e comela en guiso. \nMari Domingi:\nÉ pastora\, agricultora\, hábil carpinteira e grande coñecedora da natureza. Ao igual có seu veciño o carboeiro Olentzero\, é unha das figuras vascas do solsticio de inverno. Unha panxoliña popular fala de cando quixo ir visitar o neno Xesús. Desde hai trinta anos\, Mari Domingi encárgase co Olentzero de traer os agasallos na noiteboa. \nA vella de Beara:\nÉ unha poderosa figura mitolóxica\, principalmente escocesa e irlandesa\, que disque ten a súa orixe nunha deusa galega. Chámanlle tamén a raíña do inverno e hai quen a describe coa pel azul\, os dentes amarelentos\, un só ollo e o pelo longo e branco. A partir do Samaín\, voa polo ceo cabalgando a lombos dun lobo coidando da natureza durante os meses máis escuros e fríos do ano. Ao chegar febreiro\, decide canto máis durará o inverno. \nSnegúrochka:\nHai 150 anos comezou sendo a figura de neve creada por un labrego e un labrega rusa\, Iván e María\, que colleu e cobrou vida. Anos máis tarde pasou a ser a filla da Primavera e de Dez Moroz\, o avó da xeada\, parente ruso do Papá Noel. Sneguróchka é unha criatura feita de neve que devece por ter sentimentos e emocións como as persoas. A súa nai cúmprelle o desexo\, mais como Snegúrochka está feita de neve\, cada vez que un sentimento conmove o seu corazón\, ela comeza a derreterse. Nos últimos anos pasou a ser a neta de Dez Moroz\, vai con el para axudarlle a repartir os agasallos das festas do inverno nas culturas eslavas. \nO Apalpador:\nÉ un ser mitolóxico galego tamén chamado o Pandigueiro. É un carboeiro riquiño\, vello e pobre\, vestido con roupa remendada e unha pucha. En Noiteboa e Noitevella\, baixa das montañas do Courel ás aldeas e entra silenciosamente nas habitacións das crianzas para apalparlles as barrigas e ver se comeron o suficiente durante o ano. A quen a tiña baleira\, deixáballe unha presada de castañas aos pés da cama. \nA Apalpadora:\nA Apalpadora ou Apalpadoira é unha carboeira que vive nas montañas dos Ancares e O Courel. Durante o Nadal\, baixa da montaña para unir á xente coa natureza agasallándolles castañas para comeren e carbón para quentárense durante o inverno.
URL:https://www.afaocantel.eu/evento/o-21-de-decembro-chegan-ao-cantel/
LOCATION:CEIP O Cantel\, España
END:VEVENT
END:VCALENDAR