Faite coa túa axenda escolar corresponsable

O mércores 13, o xoves 14 e o venres 15 de setembro teremos un pequeniño posto de venda das Axendas Escolares.

Estaremos no recinto do Cantel, diante das xanelas da Biblioteca. De 09:35 a 10:00 e de 13:45 a 14:15.

Lembrámosvos que, nesta ocasión, a axenda está editada pola propia AFA. É unha axenda especialmente deseñada para a nosa escola, con textos, efemérides e conmemoracións que formarán parte da vida da escola.

Ten un prezo de 6€.

Neste cadro podes ver as características técnicas da axenda.

Portada da axenda para o curso 2023-2024