O 21 de decembro despedimos o primeiro trimestre e o ano 2023 coa visita ao Cantel de varias celebridades do inverno que, seguro, xa vos soan. Aquí vos contamos a historia de cada unha delas!
Os Reis Magos:
Existen moitas versións da historia dos Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar. Grandes astrónomos en comunidades distintas, unha noite observaron unha estrela nova, grande e brillante que simbolizaba que nalgures estaba nacendo un rei. Decididos a visitalo para regalarlle ouro, incienso e mirra, emprenderon unha viaxe seguindo a estrela. Coñecéronse no camiño e continuaron xuntos ata a vila de Belén en Palestina. A estrela iluminaba unha cova. Dentro, ao calor dun boi e dunha mula, e co agarimo da súa nai María e do seu pai Xosé, estaba o neno Xesús. En moitos lugares, como en Galicia, os Reis Magos traen os agasallos de Nadal na noite do 5 de xaneiro, a Noite de Reis. Moita xente di que a quen non se portou ben durante o ano lle traen carbón.

A Befana
En Italia, os agasallos do 5 de xaneiro tráeos a Befana, unha anciá de pelo branco e roupa escura. Conta a historia que a Befana foi a única capaz de indicarlles o camiño aos Reis Magos cando se perderon indo cara a Belén. Agradecidos, convidárona a acompañalos pero ela non aceptou. Cando cambiou de idea, os Reis Magos xa marcharan. Cóntase que vai deixando agasallos para quen se portou ben e allos, cebolas e carbón para quen se portou mal, mentres busca ao neno Xesús.
Papá Noel
Coñecido tamén como Santa Claus, San Nicolás, Santa ou Viejito Pascuero é unha personaxe do Nadal orixinaria do norte de Europa que se popularizou polo mundo enteiro. Trae os agasallos na noite do 24 de decembro, a Noiteboa, e carbón para quen se portou mal. Fabrica os regalos no seu taller coa axuda dos elfos e repárteos grazas aos renos que lle axudan a carrexalos tirando da súa zorra voadora.
A Grýla
É unha monstra asustadora da mitoloxía islandesa que vive nas montañas co seu marido e os seus trece fillos. Durante o Nadal, baixan ás vilas para gastar bromas ou traer agasallos. A Grýla vailles pedindo ás familias a picaraxada desobediente para metela nun pote e comela en guiso.
Mari Domingi
É pastora, agricultora, hábil carpinteira e grande coñecedora da natureza. Ao igual có seu veciño o carboeiro Olentzero, é unha das figuras vascas do solsticio de inverno. Unha panxoliña popular fala de cando quixo ir visitar o neno Xesús. Desde hai trinta anos, Mari Domingi encárgase co Olentzero de traer os agasallos na noiteboa.
A vella de Beara
É unha poderosa figura mitolóxica, principalmente escocesa e irlandesa, que disque ten a súa orixe nunha deusa galega. Chámanlle tamén a raíña do inverno e hai quen a describe coa pel azul, os dentes amarelentos, un só ollo e o pelo longo e branco. A partir do Samaín, voa polo ceo cabalgando a lombos dun lobo coidando da natureza durante os meses máis escuros e fríos do ano. Ao chegar febreiro, decide canto máis durará o inverno.
Snegúrochka
Hai 150 anos comezou sendo a figura de neve creada por un labrego e un labrega rusa, Iván e María, que colleu e cobrou vida. Anos máis tarde pasou a ser a filla da Primavera e de Dez Moroz, o avó da xeada, parente ruso do Papá Noel. Sneguróchka é unha criatura feita de neve que devece por ter sentimentos e emocións como as persoas. A súa nai cúmprelle o desexo, mais como Snegúrochka está feita de neve, cada vez que un sentimento conmove o seu corazón, ela comeza a derreterse. Nos últimos anos pasou a ser a neta de Dez Moroz, vai con el para axudarlle a repartir os agasallos das festas do inverno nas culturas eslavas.
O Apalpador
É un ser mitolóxico galego tamén chamado o Pandigueiro. É un carboeiro riquiño, vello e pobre, vestido con roupa remendada e unha pucha. En Noiteboa e Noitevella, baixa das montañas do Courel ás aldeas e entra silenciosamente nas habitacións das crianzas para apalparlles as barrigas e ver se comeron o suficiente durante o ano. A quen a tiña baleira, deixáballe unha presada de castañas aos pés da cama.
A Apalpadora
A Apalpadora ou Apalpadoira é unha carboeira que vive nas montañas dos Ancares e O Courel. Durante o Nadal, baixa da montaña para unir á xente coa natureza agasallándolles castañas para comeren e carbón para quentárense durante o inverno.