Remuda da directiva da AFA

Rematamos unha etapa de 2 cursos e tócalle a outro grupo de xente coller a remuda.

O 10 de abril ás 18:30 faremos unha reunión informativa e abriremos o prazo de
presentación de candidaturas ata o día 24.

A xunta directiva debe ter persoas para os seguintes cargos:

  • Presidencia
  • Videpresidencia
  • Tesoureiría
  • Secretaría
  • Vogalía

As tarefas principais que desenvolvimos nestes 2 anos e que precisan da vosa implicación para ter continuidade son:

  • Servizo de conciliación A madrugar!
  • Actividades das tardes
  • Visitas escolares a granxas da provincia
  • Formación complementaria e especializada para alumnado e familias
  • Intervencións artísticas e espectáculos para o alumnado
  • Colaboración nas festas do ano (magosto, inverno, entroido, primavera e fin de curso).
  • Horta escolar
  • Mediación e facilitación

As datas importantes son as seguintes: 

  • 10 de abril, ás 18:30 – reunión informativa e prazo de presentación de candidaturas.
  • 24 de abril: publicamos as candidaturas.
  • 8 de maio:
    • de 15:00 a 18:00 – votacións na Biblioteca
    • 18:30: Asamblea